viernes, 6 de noviembre de 2009

O SEGREDO DOS HOFFMANN ( Teatro Moi recomendable)


Baseada nunha novela de Alejandro Palomas quero hoxe a traves do meu caderno cibernetico reconmendarvos que vos acerquedes o teatro a ver "O segredo dos Hoffmann" de Lagarta-Lagarta.
Unha obra que dende o primeiro minuto de funcion mergullate nas mais profundas inquedanzas de catro persoaxes dunha mesma familia que deben volver verse despois de anos para o enterro da avoa da familia.

Con este pretexto , a sua propia vida vailles dar a oportunidade de reatoparse , achegarse, preguntarse, e confesarse o que sempre temeron saber e escoitarse dicir.

Lucas,Adolfo, Martina , e Veronica hoffmann maxistralmente interpretados por Xose Barato, Ernesto chao, Belen constela , e Rebeca Montero, son os catro pilares dunha historia na que confluen os medos, os amores , as emocions... e que fan o espectador preguntarse moitas cousas sobre a sua propia existencia.

Cunha posta en escea impecable e unha musica completamente o servizo da historia, e destas pezas teatrais que consegue manterte aferrado a butaca coa sensacion as veces de estar ante un espello das virtudes e miserias mais humanas , polas que todos e cada un de nos poderiamos pasar algunha vez

Se tes a ocasion de desfrutar de " O SEGREDO DOS HOFFMANN" de Lagarta-Lagarta en directo , non a perdas porque as quedar, abraiado, " estupefacto" ( esto entenderalo se ves a funcion) jejeje..

Sen dubida o mellor a proposta escenica e o texto, porque engancha.

En canto o peor quizais a pouca notoriade que as veces teñen estes espectaculos, que na miña opinion todo o mundo deberia ver.

Simplemente, unha pequena xoia do teatro Galego actual. Ide vela ¡¡